Universidade de Francia
Universidade de Francia | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Francia, tamén coñecida como Universidade Imperial e normalmente chamada a Universidade, foi o nome da administración francesa do século XIX encargada da educación superior en Francia.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Napoleón Bonaparte quixo reorganizar completamente o sistema educativo francés, incluída a Universidade. A lei de 10 de maio de 1806 establecía que: "baixo o nome de Universidade Imperial, crearase unha corporación encargada exclusivamente da ensinanza e da educación pública en todo o Imperio".[2][3]
O decreto de 17 de marzo de 1808 ordena o funcionamento da Universidade. A Universidade, que está por riba de todas as ordes educativas e na que ninguén pode ensinar sen a autorización do Gran Mestre, e coa condición de ser parte da Universidade. O texto establece seis ordes escolares:
- as facultades (teoloxía, dereito, medicina, letras e ciencias);
- os liceos (ensinanza media de primeira clase);
- os colexios (ensinanza media de segunda clase);
- as institucións;
- os internados;
- as "pequenas escolas" (primaria).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Léon, Antoine: Histoire de l'enseignement en France. París: P. Roche. ISBN 2-13053706-5, páxs. 65-66.
- ↑ "Il sera formé, sous le nom d'Université impériale, un corps chargé exclusivement de l'enseignement et de l'éducation publiques dans tout l'Empire".
- ↑ Lucien Lefevre (1971). "(Barnard H.C.) Education and the French Revolution (A educación e a Revolución Francesa)" (16). Revue française de pédagogie: 40–41. ISSN 0556-7807.